top of page
Buscar

O BOOKFACE

Actualizado: 14 may

Durante o mes de abril, o equipo de Biblioteca e máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animaron ao alumnado a participar, sós ou con algún membro da familia/ amig@, na realización dun Bookface. 


E que é un Bookface? Un bookface é unha técnica fotográfica creativa que consiste en facer coincidir a portada dun libro cunha parte do corpo ou o entorno real dunha persoa, creando unha ilusión óptica onde a imaxe do libro "cobra vida". 


Na biblioteca de Landriña fixemos unha selección de libros que podían usar, pero tamén os animavos a visitar a Biblioteca de Covelo ou a empregar algún libro que tiveran na casa.


Velaquí os resultados, que podedes atopar expostos na entrada da biblioteca.

Gracias a tod@s pola vosa colaboración!



 
 
 

Comentarios


bottom of page