📚✨ DESCUBRIMOS COMO SE ORGANIZA A NOSA BIBLIOTECA ✨📚
Durante estes días, todo o alumnado de Educación Primaria participou en diferentes sesións para coñecer mellor a nosa biblioteca e aprender a utilizala de maneira cada vez máis autónoma.
🔎 Que é a CDU?
A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema que permite organizar os libros e outros recursos segundo os diferentes ámbitos do coñecemento. Deste xeito, facilita que as persoas usuarias poidan localizar e atopar os recursos que buscan, independentemente da biblioteca na que se atopen.
Na nosa biblioteca empregamos unha adaptación da CDU para as bibliotecas escolares, deseñada para que poidamos aproveitar todas as súas vantaxes sen necesidade de ter coñecementos espacialozados.
🔢 A través de números, signos e códigos, podemos coñecer información sobre o contido dos libros e saber onde debemos buscalos.
🎨 Ademais, aprendemos a interpretar o código de cores da nosa biblioteca, a identificar as diferentes seccións e a localizar os libros seguindo a súa orde alfabética.
Así, pouco a pouco, imos conseguindo que o alumnado sexa máis autónomo na procura de información e na elección das súas lecturas. 📖💚
Porque coñecer como funciona a nosa biblioteca tamén é aprender a buscar, descubrir, escoller e gozar dos libros. 🌈📚



Comentarios