🥾✨ Este curso… botámonos a camiñar!
Este ano iniciamos no noso centro un novo PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre o Camiño de Santiago. 🗺️🎒
Pero… que é un PDI? 🤔
É unha proposta de traballo na que todo o centro se implica para investigar e aprender arredor dun tema común. A través de diferentes actividades, áreas e niveis, o alumnado fai preguntas, busca información, experimenta, crea e comparte o que aprende, converténdose en protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
E este curso, o noso fío condutor será o Camiño de Santiago, unha elección moi especial xa que nos preparamos para vivir o Ano Xacobeo 2027. ✨
🥾 E hoxe demos os primeiros pasos!
Para comezar esta aventura, achegámonos a algúns dos elementos máis representativos do Camiño: o botafumeiro, o punto quilométrico, a cuncha de vieira, a Compostela e a credencial do peregrino. 🎒🐚📜
Ao longo do curso iremos descubrindo os seus camiños, lugares, paisaxes, historia, cultura, tradicións e patrimonio, achegándonos tamén aos valores que representa esta ruta: o esforzo, a convivencia, a cooperación, a solidariedade e o respecto.
Será unha viaxe compartida na que cada aula achegará o seu gran de area para construír un proxecto común. 💙
🎒 Preparade as mochilas… comeza o noso Camiño!
BO CAMIÑO! 🥾✨



Comentarios