Este mes de marzo celebramos o Día da Poesía, e por iso a profe Patri nos presenta o libro de poesía ilustrada "Cantarolas", da editorial Kalandraka (2015).
20 anos despois da súa última versión impresa, as "Cantarolas" de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas volven ás mans dos lectores e lectoras nunha nova edición ilustrada por Leandro Lamas. Trátase dun clásico da literatura infantil galega, con cantos e poemas evocadores da natureza e do medio rural, que fala da amizade, dos xogos, dos costumes e das emocións da infancia.
Comentarios